Music

Laura Lamontagne: a vida fóra dos versos

11 Nov · 20:30·Igrexa da Universidade - Santiago de Compostela, Santiago de Compostela

Cando a electrónica en galego aínda era un territorio pouco explorado e eran poucas as artistas que se atrevían a combinar tradición, poesía e beats, Laura LaMontagne xa estaba a abrir camiño a unha maneira diferente de entender a música feita desde Galicia. A súa traxectoria inclúe a reinterpretación de cantigas medievais e unha constante exploración das posibilidades da voz, a electrónica e a poesía. Nesta ocasión, LaMontagne chega á Igrexa da Universidade cun formato especial, ‘A vida fóra dos versos’, acompañada do multiinstrumentista e produtor Cristian Durán. Xuntos presentan unha reinterpretación do repertorio máis íntimo da artista lucense, nunha proposta concibida especificamente para este encontro. . Con ‘Sons de Peto’, a USC amplía a súa programación cultural cun ciclo que aposta por escoitar a música desde máis preto, achegando artistas e público e permitindo descubrir os seus traballos en formatos diferentes aos habituais. A proposta busca así crear momentos de escoita máis próximos e íntimos. ... Organiza a USC coa colaboración da Deputación da Coruña

¿Qué quieres saber sobre Laura Lamontagne: a vida fóra dos versos?