
A historia do coelliño branco é unha adaptación do conto popular portugués. Cunha posta en escena coidada e delicada, que combina monicreques e a narración oral. Nesta posta en escena, os animais constrúense a partir de obxectos da vida cotiá: unha escoba convértese nun can, unha cunca nunha vaca! só fai falta deixar voar a imaxinación. Idade: de 4 anos en adiante. Duración: 45 minutos. Inscrición previa dende o luns anterior actividade na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.
