Taller

Creación de personaxes e mundos de fantasía

21 oct · 18:00·Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Santiago de Compostela

Para que unha historia funcione ten que contar sempre con personaxes cheos de carisma. Crear un personaxe atractivo para o espectador non adoita ser sinxelo, pero este problema ten fácil solución se se empregan as estratexias adecuadas. Neste obradoiro sairémonos da nosa zona de confort para crear personaxes e criaturas incribles usando algunhas técnicas creativas moi sinxelas que farán que os nosos deseños salten a outro nivel. Ademais crearemos todo o mundo e a contorna na que viven estes personaxes, nutríndolles dun rico ecosistema de fantasía. No salón de actos. Para 15 nenas e nenos de 8 a 11 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca 30 minutos antes de que comece a actividade.

¿Qué quieres saber sobre Creación de personaxes e mundos de fantasí…?